URBANISMO

Aprobado o proxecto de urbanización da rúa de Betanzos

26/12/2006 O Concello actuará sobre 3.363 metros cadrados para urbanizar a rúa de Betanzos (Almáciga), nos que se investirán 211.161 euros. Esta actuación incidirá sobre o vieiro e as beirarrúas e permitirá dotar a esta zona de nova iluminación e diverso equipamento complementario.

O proxecto de urbanización desta rúa contempla 446 metros cadrados de zona verde pública e 684 destinados ao vieiro. Trala aprobación polo Goberno local, o proxecto será sometido a exposición pública e tamén será remitido á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural para que emita o seu informe.

Edificio adaptado

Tamén na Xunta local aprobouse a licenza solicitada pola Confederación Galega de Minusválidos para a construción dunha edificación destinada a 20 vivendas adaptadas a persoas con discapacidades funcionais no polígono 6-7 de Fontiñas. Esta obra supón un investimento de dous millóns de euros.

Compartir: