ALCALDÍA

Os orzamentos de 2007, reflexo da "bonanza da situación" que atravesa o Concello

22/12/2006 O alcalde sinalou que os orzamentos do Concello para o ano 2007, que se aprobarán no pleno municipal do día 28, supoñen un salto cualitativo para a cidade, posto que permitirán realizar "importantes operacións para a transformación da cidade".

Sánchez Bugallo resaltou que o Consorcio seguirá a xogar "un papel relevante" na conservación da cidade. Son orzamentos "máis grandes da historia do Concello" e reflicten "a bonanza da situación" despois de pasar por unha momento económico complexo. A melloría e a enorme pola capacidade de serrar recursos económicos.

O orzamento consolidado é de 173 millóns de euros, dos cales arredor dun 28% son para investimentos e outro 28% para persoal, cando hai dez anos "o gasto de persoal supoñía un cincuenta por cento", explicou. Tamén hai que sinalar que hai unha aportación moi significativa en materia de vivenda ao orzamento municipal.

Bugallo lembrou que a partir de agora se abre un escenario novo posto que os concelleiros e deputados Luis Toxo e Xoaquín Leiceaga, unha vez "rematados os deberes pendentes", isto é, a aprobación do PXOM, que se atopa en trámite de aprobación na Xunta, e máis a aprobación dos orzamentos de 2007, deixarán paso a Lupe Rodríguez e Carlos Nieves. O alcalde calcula que os novos concelleiros tomarán posesión a finais de xaneiro.

Compartir: