MERCADOS

Sorteo dos bonos-desconto da campaña de Nadal do Mercado de Abastos

05/01/2018 A concelleira de Mercados, Noa Morales, asistiu ao sorteo de Nadal organizado pola cooperativa da Praza de Abastos. Representantes de equipos deportivos da cidade coma o Obradoiro CAB, a SD Compostela, o Santiago Futsal ou o Victoria FC feminino foron as mans inocentes neste sorteo da campaña de Nadal, que repartiu uns 10.000 euros en premios.

Como recompensa polas compras do Nadal no Mercado, durante estas datas, os compradores e compradoras recibiron uns rasca-gaña, grazas aos cales podían obter de premio vales de 25, 50, 75 e 100 euros. Ademais, todos aqueles posuidores de cartóns non premiados podían deixar os seus datos na consigna para entraren no sorteo de catro bonos-desconto de 250 euros cada un. No sorteo desta mañá elixíronse os/as gañadores destes catro bonos.

Compartir: