ACCIÓN CULTURAL

Costa-Gavras recibiu o Premio Cineuropa

18/11/2017 O cineasta franco-grego Costa-Gavras recibiu este sábado o Premio Cineuropa pola "capacidade que o seu cinema posúe para recolocarse unha e outra vez na máis ardente disidencia" e o seu incisivo labor de cronista dos grandes conflitos políticos e sociais do mundo occidental, que concorda plenamente co leit-motiv desta edición. O director recibiu o galardón de mans do alcalde, Martiño Noriega, e recibiu o aplauso en pé do público que encheu o Teatro Principal.

Logo da entrega do premio, proxectouse Eden à L'ouest (Edén ao Oeste), filme premonitorio que o cineasta dirixiu en 2009 e que trata con moita sensibilidade ao tempo que con certas doses de humor o tema da inmigración. Esta mesma tarde, no Salón Teatro, exhibiuse outro dos filmes máis recoñecidos de Costa-Gavras, Missing (Desaparecido), Palma de Ouro en Cannes e Oscar ao mellor guión en 1982.

Compartir: