PERSOAL
Con tal motivo o alcalde compostelán, Sánchez Bugallo, e algúns membros da corporación recibíronos na Casa do Concello para despedirse. Á recepción asistiron tamén uns vinte traballadores do Concello xubilados en anos anteriores.
Despedida aos cinco traballadores que se xubilan este ano
21/12/2006 O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu no mediodía do xoves 21 aos tres dos cinco traballadores do Concello que se xubilan este ano.
O policía Severino Costoia, a técnico de administración xeral Amelia Josefa Pan, o técnico de Vías e Obras Jesús Rodríguez, o uxier Gabriel Vázquez e o laceiro Antonio Vieites xubílanse neste ano que remata.Con tal motivo o alcalde compostelán, Sánchez Bugallo, e algúns membros da corporación recibíronos na Casa do Concello para despedirse. Á recepción asistiron tamén uns vinte traballadores do Concello xubilados en anos anteriores.