PROMOCIÓN ECONÓMICA

O servizo gratuíto de coidado de nenos funcionará durante o Nadal entre os días 22 e 30

18/12/2006 O concelleiro de Promoción Económica e Comercio, Xosé Manuel Iglesias, ven de presentar a programación de Nadal da campaña Comercio compostelán para mercar e xogar, na que colaboran Compostela Monumental e Santiago Centro. Consiste nun servizo gratuito de coidado de nenas e nenos que funciona desde setembro, todos os sábados, no Pazo de Bendaña, en horario de once a duas da mañá e de cinco a oito da tarde. O último sábado utilizaron este servizo oito nenos, dous pola mañá, e catro pola tarde.

A programación de Nadal, que levará a cabo Xandovela, desenvolverase entre o venres 22 e o sábado 30 de decembro. O día 22 os máis pequenos poderán disfrutar con xogos do mundo, o 23 haberá cociña creativa, o 26 xoguetes sonoros, o 27 contos e historias, o 28 xoguetes efímeros, o 29 xogos de dentro e o sábado 30 desenvolverase unha xornada de cativas e cativos e de nenas e nenos grandes.

Os días 24, 25 e 31 de decembro a servizo estará pechado por non ser datas de apertura comercial. O obxetivo da campaña é que os clientes poidan mercar con tranquilidade mentras os rapaces de entre 3 e 10 anos se divirten baixo a supervisión de coidadoras especializadas en atención á infancia.

O funcionamento do servizo é o seguinte: os establecementos asociados dispoñen duns bonos que entregan aos clientes por cada cinco euros de compra, ata un máximo de cinco bonos por compras superiores a 25 euros. Os pais poden deixar os nenos ao coidado das personas do servizo entregando cinco bonos e amosando os comprobantes de compra correspondentes. Os bonos son de distinta cor segundo pertenzan aos establecementos de Santiago Centro ou de Compostela Monumental. Non teñen data de caducidade, polo que se poden acumular dunha semana para outra.

Comercio Compostelá para mercar e xogar enmárcase dentro do Plan de Excelencia Comercial que desenvolve a concellaría que dirixe Xosé Manuel Iglesias baixo a marca Compostela Capital de Compras. O obxetivo é dinamizar o comercio da cidade, convertir a Santiago no referente indiscutible do seu entorno e liderar o sector na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. A campaña publicitaria, que se emite durante o mes de Nadal, está apoiada economicamente por Turgalicia, e ten un orzamento de 109.000 euros.

Para dinamizar o sector comercial a Concellaría de Promoción Económica e Comercio convoca o III Concurso Municipal de Escaparatismo "SQC Shopping" na súa tempada de Nadal, que conta con 33 inscritos. Tamén organiza a II Gala do Comercio Compostelán para premiar a traxectoria profesional dos comerciantes de Santiago. Os premios entregaránse na Gala do Comercio Compostela Capital de Compras que se celebrará no primeiro trimestre do 2007.

Cursos para traballadores do comercio

O 18 de decembro comenza o prazo para inscribirse nos cursos de Técnicas de deseño de escaparates e Técnicas de empaquetado de regalos destinados a traballadores de comercios. Os dous cursos, organizados pola Concellaría de Promoción Económica e a Federación Galega de Comercio, terán unha orientación práctica.

O curso de Técnicas de deseño en escaparates ten unha duración de 40 horas. Impartiráse entre o 29 de xaneiro e o 19 de febreiro. O de Técnicas de empaquetado de regalos, de 35 horas de duración, desenvolverase entre o 29 de xaneiro e o 15 de febreiro.

Os beneficiarios son empresarios e empregados en activo do sector do comercio. Quedan excluidos os traballadores con contratos de formación ou aprendizaxe e os becarios. O criterio de selección será o número de Rexistro da folla de solicitude no Rexistro do Concello. A folla de solicitude e a información relativa a estes dous cursos pode descargarse na páxina web da Concellaría de Promoción Económica e Emprego: www.maiscompostela.org.

Compartir: