TRANSPORTE

Santiago renovará a flota de autobuses urbanos no 2007

18/12/2006 No 2007, o Concello de Santiago renovará a flota do transporte urbano da cidade. Para amosar o proceso que se segue ata chegar ao vehículo definitivo, TUSSA e a empresa Castrosúa, que fabrica carrocerías para autobuses e autocares, presentaron hoxe na praza do Obradoiro un modelo do chasis que levarán os novos autobuses urbanos.

Na presentación do chasis, á que acudiron o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, o director-xerente de TUSSA, Carlos González, e o director comercial de Castrosúa, José Ramón Porto, explicouse o funcionamento técnico que terá a flota de autobuses que se estreará no 2007.

Compartir: