TRANSPORTES

Apróbanse os orzamentos de TUSSA, superando por primeira vez o millón e medio de euros

18/12/2006 Os orzamentos da Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano (TUSSA) para o 2007 veñen de ser aprobados co voto favorábel do PsdeG-PSOE e do BNG e a abstención do PP.

Os orzamentos de TUSSA para o 2007, aprobado hoxe, supera por primeira vez o millón e medio de euros, incrementándose nun 6% con respecto ao ano pasado. Calcúlase que o total de gastos sexa de 1.533.457,67 euros.

O concelleiro de Transporte, Xoaquín Fernández Leiceaga, sinalou que o principal centro de gasto será a estación de autobuses.

A empresa municipal de TUSSA afrontou nos últimos dous anos uns importantes retos coa xestión da dársena de autobuses de Xoán XXIII e a estación de autobuses da cidade. Cun cadro de persoal para o 2007 de vintetrés traballadores fixos, catro con contrato de fin de obra no aparcadoiro de Belvís, reforzos puntuais e un contrato de relevo, a partida de persoal supón máis dun 41% do total dos custos.

Os gastos xerais supoñen o 26,65% do total dos custos presupostados.

A previsión total de ingresos é de 1.533.457,67 euros, dos cales uns 843.785,67 son ingresos por aparcadoiros e 583.100 da estación de autobuses. Os ingresos máis cuantiosos son os de Interreg, que acadan os 98.072 euros.

Nos oito primeiros mese do anos as contas están equilibradas, cumprindo os obxectivos de investimentos previstos e aprobados polo Consello de Administración.

Por outra banda, a data do 31 de agosto de 2006 os centros de explotación tiñan un beneficio económico practicamente igual ao custo soportado por TUSSA.

Compartir: