TRANSPORTES
O chasis estará na Praza do Obradoiro desde as 10.30 h. ata as 13.30 h, para que todos os composteláns que o desexen se poidan achegar a velo.
Un novo chasis para autobuses estará exposto na Praza do Obradoiro
16/12/2006 O luns 18 de decembro, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presentará un novo chasis, que nos vindeiros meses se convertirá nun dos autobuses a incorporar á flota de transporte urbano da cidade.
A presentación farase ás 12 do mediodía na Praza do Obradoiro e no transcurso do acto haberá unha recreación do resultado final do carrozado, onde se poderá observar o enorme cambio que experimentarán os vehículos. Ao acto acudirán representantes do sector.O chasis estará na Praza do Obradoiro desde as 10.30 h. ata as 13.30 h, para que todos os composteláns que o desexen se poidan achegar a velo.