ALCALDÍA

Parabéns a Compostela Monumental pola concesión do Premio Nacional ao Pequeno Comercio

15/12/2006 O alcalde compostelán recibiu en Raxoi ao presidente e á xunta directiva de Compostela Monumental, con motivo da concesión do Premio Nacional ao Pequeno Comercio. Sánchez Bugallo reiteroulles ás felicitacións xa manifestadas ao coñecer o outorgamento desta distinción. Tamén participaron recibiron os parabéns da concelleira de Casco Histórico, Mercedes Rosón; e do concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias.

O centro comercial aberto Compostela Monumental obtivo este premio, convocado polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, polo seu labor "en materia de modernización empresarial e desenvolvemento e promoción do comercio local", segundo indicou o xurado.

Compartir: