ALCALDÍA
Recepción aos traballadores de Aquagest, Cespa, Xade e Urbaser
15/12/2006 Os traballadores das empresas concesionarias Aquagest Cespa, Xade foron recibidos na Casa do Concello polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, quen lles desexou un feliz Nadal e lles agradeceu o traballo realizado ao longo do ano que remata.
A recepción foi tempo de recordo sobre as cuestións suscitadas en 2006, pero tamén para os proxectos de futuro respecto a servizos tan fundamentais como son os de auga, mantemento de parques e xardíns, limpeza ou xestión dos recintos deportivos da cidade.