ALCALDÍA

O alcalde recibiu aos participantes no I Encontro Internacional de Escritores "De pedra e de palabra"

15/12/2006 O I Encontro Internacional de Escritores "De pedra e de palabra" celebrou a súa segunda xornada. Despois de participar nun debate sobre o "Posible perfil do lector do século XXI e de asistir ao "Espectáculo da palabra", os escritores desprazáronse ata Raxoi, onde foron recibidos polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo.

Antonio Skármeta interveu en nome de todos os participantes e afirmou que o realismo máxico, máis atribuído a outras literaturas, él atoparao en Galicia, nos libros de escritores galegos que tivera a ocasión de ler xa desde moi cativo. Pola súa parte, o alcalde remitiuse á historia de Compostela e ao mito do sepulcro do Apóstolo como unha referencia en diversos ámbitos, entre eles o literario.

O Encontro está a reunir na cidade a máis de 50 escritores de todo o mundo, entre eles algúns tan recoñecidos internacionalmente como Nélida Piñón ou o propio Antonio Skármeta. O evento, organizado polo Pen Club Galicia, prolongarase aínda ata a xornada do sábado 16, con máis debates e espectáculos literario-musicais.

Compartir: