URBANISMO

Os orzamentos de EMUVISSA para 2007 contemplan as novas obras de urbanización en cinco polígonos de vivenda protexida

15/12/2006 A Empresa Municipal de Vivenda e Solo (EMUVISSA) aprobou o seu orzamento para 2007, que ascende a 59.868 euros, o que supón un incremento dun 2,58% respecto ao ano anterior. Dentro destas contas contémplanse as obras de urbanización a comezar nos polígonos de vivenda protexida Sunp-11 (Castiñeiriño), Sunp-12 (Lamas de Abade), Sunp-14 (Tras Paxonal), Sup-7 (Ponte Pedriña) e Sunp-5 (A Muíña).

A estas obras de urbanización hai que engadir as que xa están en execución en distintas fases, tanto en solos de vivenda protexida como de vivenda libre, ademais dos solos industriais da Costa Vella e Formarís.

Na presentación das contas de EMUVISSA, o concelleiro de Urbanismo, Luis Toxo, lembrou que os orzamentos desta empresa municipal non seguen os mesmos criterios legais limitativos que rexen para a Administración local. Deste xeito, non é posible traspasar o non executado dun ano ao seguinte, senón que debe volver a incorporarse.

Compartir: