ORZAMENTOS

O orzamento municipal para o vindeiro ano ascenderá finalmente a 114 millóns de euros

15/12/2006 Unha Xunta de Goberno extraordinaria aprobará o xoves 21 de decembro os orzamentos municipais de 2007, que finalmente ascenderán a 114 millóns de euros, tras incluírse nos mesmos os ingresos de seis millóns de euros da operación do Sunp-4 do Camiño Francés. Así o anunciou o alcalde compostelán, que recordou que os presupostos irán ao Pleno do xoves 28.

Os capítulos máis importantes das contas para 2007 son os de investimentos, que superan os 30 millóns de euros e o de persoal, que chega aos 28 millóns de euros. O superávit previsto para o vindeiro ano é duns catro millóns de euros.

Compartir: