EDUCACIÓN

Encontro con estudantes do Colexio Compañía de María participantes nun programa europeo de intercambio

28/09/2017 O concelleiro de Educación, Manuel Dios, xunto con outros representantes da Corporación municipal, recibiu un grupo de alumnos e alumnas do Colexio Compañía de María de Santiago. Os mozos e mozas deste colexio participarán no segundo encontro COME! 2017-2018, dentro do Erasmus + da Unión Europea, .

O alumnado do Colexio Compañía de María colabora neste encontro COME! (Cooperation On Mobility in Europe), dentro do programaErasmus +, con outros tres colexios europeos: un francés, un alemán e outro polaco.

As actividades para este curso 2017-2018 comezarán o 20 de novembro coa visita á capital polaca, Varsovia. Alí traballarán en equipos trasnacionais, realizarán diversas actividades e irán tamén á cidade de Lodz.

O obxectivo deste programa COME! é o estudo das migracións dentro de Europa. Así, coa experiencia recollida búscase crear unha sociedade máis aberta en Europa, coñecéndose entre si os pobos que a compoñen.

O concelleiro de Educación, Manuel Dios, explicóulle ao grupo de estudantes tanto o simbolismo como a función do edificio de Raxoi, na parte correspondente ao Concello de Santiago. Finalmente, entregou ao grupo dous agasallos: un cómic sobre o Camiño de Santiago e unhas imaxes antigas da Catedral de Santiago.

Compartir: