ALCALDÍA

Europa e Iberoamérica, unidos pola literatura

14/12/2006 Do 14 ao 16 de decembro celébrase en Santiago o I Encontro Internacional de Escritores en Compostela: "De pedra e de palabra", organizado polo Pen Club Galicia. Máis de 50 escritores, europeos e latinoamericanos fundamentalmente, participan neste evento, que ten previsto diversos debates, recitais e espectáculos literario-musicais. Escritores como Nélida Piñón, Antonio Skármeta ou Bryce Echenique estarán entre os presentes.

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu á inauguración do encontro, celebrada no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia, nun acto presidido polo presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e no que tamén participaron o reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro; a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo; e o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, entre outros. Os participantes no Congreso serán recibidos en Raxoi o venres 15 ás 13:00 horas.

Compartir: