ALCALDÍA
O requirimento firmado por Martiño Noriega insiste en que as dúas obras do Mestre Mateo son "bens do dominio público municipal, que forman parte do patrimonio histórico artístico", e apunta a que o seu "destino idóneo hoxe en día sería a exhibición permanente no Museo da Catedral de Santiago".
De non obter resposta no prazo establecido de quince días, o escrito remitido a Carmen Franco Polo sinala que a Corporación municipal exercerá as accións legais procedentes en defensa dos dereitos e intereses lexítimos da cidadanía de Compostela e do seu patrimonio histórico-artístico.
Petición unánime da Corporación
Precisamente, o Pleno da Corporación municipal acordou por unanimidade reclamar a devolución das dúas figuras románicas, tal e como solicitaban os grupos municipais de Compostela Aberta e BNG na moción e na proposición que levaron á sesión de hoxe para o seu debate. Tamén se aprobou solicitar a tramitación da súa declaración como Bens de Interese Cultural. O alcalde, Martiño Noriega, apuntou que a propia Asesoría Xurídica Municipal barallaba a posibilidade da declaración BIC dentro da estratexia a seguir para a recuperación das pezas.
Relacionado coas estatuas de Abraham e Isaac, o Pleno da Corporación debatiu tamén as mocións presentadas por Compostela Aberta, PP e BNG en relación á situación do Pazo de Meirás.
As tres mocións resultaron aprobadas, aínda que con diferentes apoios. Así, as presentadas por Compostela Aberta e o BNG sairon a diante cos votos a favor destes dous grupos máis o PSOE, e coa abstención do PP. A moción presentada polo PP foi respaldada tamén polos socialistas, mentres que Compostela Aberta e BNG abstivéronse.
O Concello requírelle á herdeira de Franco a devolución das estatuas do Mestre Mateo
21/09/2017 O Goberno local vén de enviarlle a Carmen Franco Polo un requirimento para que recoñeza que as estatuas do Mestre Mateo que conserva a súa familia na Casa Cornide da Coruña son propiedade do Concello de Santiago, e para que as poña a disposición da institución municipal no prazo máximo de quince días.
O escrito, asinado polo alcalde, lembra que as figuras que representan a Abraham e Isaac pasaron a mans do ditador probablemente na década dos 50 e "non existe ningún título xurídico que lexitime aquel acto nin a posesión subseguinte das esculturas" por parte de Franco nin dos seus sucesores. Pola contra, si foi localizado o documento notarial de compravenda das estatuas, asinado polo conde de Ximonde e o Concello de Santiago en 1948.O requirimento firmado por Martiño Noriega insiste en que as dúas obras do Mestre Mateo son "bens do dominio público municipal, que forman parte do patrimonio histórico artístico", e apunta a que o seu "destino idóneo hoxe en día sería a exhibición permanente no Museo da Catedral de Santiago".