FESTAS

Actividades no Nadal para os máis pequenos

14/12/2006 A concellaría de Festas, xunto con ACOTES e o Centro Comercial Aberto do Ensanche, realizará actividades nestes días próximos ao Nadal en distintos puntos da cidade.

Comezarán o venres 15, coa instalación dun carrusel de cabaliños na praza Roxa, que permanecerá ata o día 21 e que estará en funcionamento en horario de 18:00 a 21:00 horas. Esta actividade será de balde para tódolos nenos e nenas interesados.

Por outra banda tamén están programados diversos obradoiros relacionados co Nadal (de abelorios, postais, globoflexia) e animación de rúa en Xeneral Pardiñas, tamén en horario de 18.00 a 21.00 horas.

Compartir: