XUNTA DE GOBERNO

Iniciada a licitación do alumeado de Nadal

15/09/2017 A Xunta de Goberno de hoxe deu luz verde ao inicio de licitación do subministro de instalacións eléctricas temporais para alumeados festivos das rúas, prazas e espazos públicos do Casco Histórico, Ensanche e parroquias de Santiago de Compostela durante as festas de Nadal 2017 e 2018.

O concelleiro Xan Duro explicou que nesta ocasión "o procedemento de adxudicación do alumeado de Nadal será de carácter bianual, incluíndo o 2017 e o 2018". Así, o prezo de licitación establécese en 167.600 euros máis IVE. Este ano daráselle máis importancia á cuestión artística e decorativa das ofertas que ao aspecto económico. Ademais, as empresas que se presenten deberán ofrecer unha oferta semellante nos dous anos.

Reparación de caldeiras
Na Xunta de Goberno de hoxe aprobouse tamén adxudicar o contrato de conservación, mantemento e reparación de instalacións térmicas de calefacción nos edificios municipais. Xan Duro sinalou que "se trata do primeira ocasión na que o Concello unifica este servizo, o que supón un aforro importante". A adxudicataria é Iam Rumbo Instalaciones y Obras S.L., por un importe de 52.800 euros.

Outros asuntos
A Xunta de Goberno tamén aprobou unha modificación na Relación de Postos de Traballo nas áreas de Políticas Sociais, Deportes, Extinción de Incendios e Administración Xeral. Ademais, deuse conta da sinatura de varios convenios e da xustificación dunha subvención concedida pola Consellería de Política Social de Xunta de Galicia por un importe total de 102.936,33 euros.

Documentos relacionados

Direcciones relacionadas



Compartir: