XUNTA DE GOBERNO
De ponte a ponte polo Sarela
Doutra banda, a Xunta de Goberno deu conta da sinatura do convenio de colaboración entre o Concello e o Consorcio para a intervención de restauración e mellora do itinerario fluvial De ponte a ponte polo río Sarela.
O acordo, firmado esta mesma semana, permitirá que o Consorcio colabore co Concello no financiamento do itinerario que se rematou de acondicionar en 2008, pero que non tivo mantemento. A actuación suporá un investimento de case 88.000 euros, dos que o Consorcio achegará algo máis de 26.000 e o Concello os 61.000 euros restantes.
A Xunta de Goberno dá conta da sinatura de convenios con tres entidades deportivas
25/08/2017 A Xunta de Goberno deu conta hoxe da sinatura de tres convenios de colaboración entre o Concello de Santiago e outras tantas entidades deportivas. Os acordos suporán unha achega total de 74.000 euros.
O primeiro dos convenios é o asinado co Club Sociedade Deportiva Compostela, ao que o Concello fai unha achega de 50.000 euros. Pola súa parte, o Club Arteal Tenis de Mesa e o Club Triatlón Santiago recibirán 12.000 euros cada un.De ponte a ponte polo Sarela