FUNDACIÓN GRANELL

A Fundación Granell amosa o seu "Belén surrealista"

07/12/2006 A Fundación Granell, como xa ven facendo outros anos, presenta o seu novo "Belén surrealista", que se poderá visitar ata a primeira semana do mes de xaneiro no espazo de recepción do museo. Este Belén, está composto por diferentes figuras, que pertencen a colección étnica da Fundación, con pezas de Portugal, Porto Rico, Polonia, Canada, India ou España, entre outros países, ademais dunha estrela de lata que realizou o propio Eugenio Granell.

A práctica totalidade das pezas foron feitas para os beléns, cunha rica policromía, e en distintos materiais como a madeira ou a cerámica. Cómpre lembrar a importancia da celebración do Nadal, especialmente nas culturas iberoamericanas. Tamén se atopan diferentes representacións de distintos animais, como paxaros, cabalos, bois, vacas ou ovellas.

Neste Belén pódese apreciar o modo de representar o Nacemento en diferentes culturas, creando unha imaxe global, como representación da convivencia entre os diferentes pobos e a interculturalidade.

Compartir: