DEPORTES

Pista de xeo en Salgueiriños e xogos en Sar para o Nadal

04/12/2006 Unha pista de xeo en Salgueiriños e unha nova edición de Nadalxogo no Multiusos de Sar serán a principal atracción para as datas do Nadal en Compostela.

No caso da pista de xeo, a Xunta de Goberno local aprobou a súa instalación e unha achega de 20.000 euros, destinada a sufragar os gastos de promoción e adquisición de entradas para a súa distribución entre os centros educativos e colectivos sociais da cidade. A pisa estará na explanada de Salgueiriños ata o 7 de xaneiro.

Pola súa parte, Nadalxogo desenvolverase no Multiusos do Sar do 27 de decembro ao 4 de xaneiro, en horario de 17:00 a 21:00 horas. O custo total do programa é de 86.000 euros, dos que 48.000 destinaranse á contratación da empresa que se encargará de levar a cabo o programa. Un ano máis, os rapaces e rapazas de Compostela poderán gozar de obradoiros formativos, un salón do libro infantil e xuvenil, estruturas inchables, carruseis infantís, espazos deportivos e diversas actividades extrordinarias.

Compartir: