CONSUMO

A OMIC realiza unha campaña informativa sobre a vivenda

04/12/2006 A Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) pon en marcha unha campaña informativa dedicada á vivenda, abarcando o aluguer, a compra e as comunidades de propietarios. Farase a través da edición dunha guía das que se distribuirán 5.000 exemplares.

Nesta campaña, a OMIC colabora coa Unión de Consumidores de Galicia e informará de materias como as cotas de participación, os estatutos, as xuntas e as tomas de decisión ata a extinción da propiedade horizontal. Estes aspectos conteranse nunha guía editada en formato libriño, con 32 páxinas. Investirase na mesma 6.708 euros.

Compartir: