TRÁFICO

Corte de tráfico na Rúa Xeneral Pardiñas por mor dunha avaría na rede de saneamento

04/12/2006 A rúa Xerneral Pardiñas permanecerá cortada ao tráfico ata o luns 11 de decembro por mor dunha avaría na rede de saneamento. Mentres duren as obras estará pechado o tramo entre as rúas República Arxentina e República do Salvador. Neste período unicamente quedará permitido o o acceso dos residentes aos garaxes e de vehículos autorizados.

O corte en Xeneral Pardiñas ten efecto tamén sobre o transporte público. En concreto, as liñas 5 (Conxo), 11 (Fontiñas) e 15 (Campus Norte-Sur), non poderán acceder ás paradas desta rúa e continuarán o seu percorrido directamente pola Praza de Ponte Castro e o Hórreo.

Por esta mesma avaría, produciranse cortes de tráfico na Rúa República do Salvador dende as 22:00 horas ata primeira hora da mañá. O tramo cortado vai dende Doutor Teixeiro ata Alfredo Brañas. Só se permitirá o paso de vehículos autorizados e dos residentes aos seus garaxes accedendo por Montero Ríos e Alfredo Brañas.

Compartir: