ACCIÓN CULTURAL

Raúl Bermúdez presenta "IlustraDots volume 2"

19/05/2017 IlustraDots participa na mostra Internacional de Ilustración Contemporánea (MiiC), que permanece aberta no Auditorio de Galicia ata o 25 de xuño. O colectivo presenta un mural que mostra o traballo de gran parte dos 100 artistas galegos que forman parte do proxecto.

O sábado 20 de maio, ás 12:30 horas, a sala de exposicións acollerá a presentación de IlustraDots volume 2 a cargo do comisario do proxecto e director da revista Dot Magazine, Raúl Bermúdez. Haberá sorpresa musical.

Unha hora antes, ás 11:30 horas, realizarase unha visita guiada que percorrerá os contidos da mostra, tamén de balde.

IlustraDots é un proxecto da revista Dot Magazine en papel que presenta a artistas, deseñadores, grupos de música, ilustradores, arquitectos, escritores.... En 2014 publicouse o primeiro libro con algúns dos traballos dos 50 ilustradores galegos máis interesantes do momento.

Raúl Bermúdez é licenciado en BBAA e especialista en deseño e audiovisuais. Entre os seus clientes están Televisión Española, Xunta de Galicia, Mitshubishi, Xacobeo e Cidade da Cultura. Desenvolve tamén a súa faceta de ilustrador, influenciado pola cultural lixo, a ciencia ficción dos cincuenta, o exótico mundo tiki, os hot rods e as musas de Russ Meyers... un mundo poboado de loitadores mexicanos, mulleres barbudas, namorados bonzos, dobres pezóns, Dumbos namorados de Gene Simmons... Raúl é director da revista Dot magazine, cultural en papel e gratuíto.

Compartir: