EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Recepción a un grupo de escolares de Andorra ao concluír o Camiño de Santiago

15/05/2017 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, recibiron un grupo de escolares do Colexio María Moliner, de Andorra, que realizou o Camiño de Santiago. Os rapaces e rapazas chegaron acompañados polo presidente do Centro Galego de Barcelona, Carlos Mandiantes.

Martiño Noriega deulle a benvida a Compostela á expedición e convidounos a gozar da cidade. Os/as escolares levaron para o seu colexio unha colección de libros sobre Santiago.

Compartir: