NADAL

Compostela acende a súa iluminación de Nadal

02/12/2006 O Nadal xa chegou a Compostela, cando menos en canto o seu alumeado, que xa está aceso dende o sábado 2 de decembro. O alcalde santiagués, Xosé A. Sánchez Bugallo encargouse de inaugurar este alumeado e de percorrer as rúas da cidade para ver o seu efecto.

No seu percorrido, que partiu do Cruceiro de San Pedro, puido contemplar as novidades deste ano, como as tiras de pequenas luces brancas nalgúns espazos do casco antigo, que crean un efecto especialmente chamativo. Tamén é novidada este ano algunha decoración lumínica, como a proporcionada polos cervos situados en diversas rúas do Ensanche. Non faltou a visita ao Belén da Praza do Obradoiro.

Compartir: