EDUCACIÓN E CIDADANÍA

O escritor e comunicador ambiental Antonio Sandoval impartiu unha charla no marco da XVII Campaña de Animación á Lectura

26/04/2017 A Concellaría de Educación e Cidadanía celebrou este martes na Galería Sargadelos unha sesión formativa aberta ao profesorado e ao público co escritor, comunicador ambiental e ornitólogo Antonio Sandoval, no marco da XVII Campaña Municipal de Animación á Lectura "Unha última carta".

"A necesidade de naturalización do entorno escolar" era o título desta charla a cargo de Antonio Sandoval, autor de obras como ¿Para qué sirven las aves?, Las aves marinas de Estaca de Bares. Un diario personal, ou a novela BirdFlyway. Un viaje en familia por la Ruta de las Aves, e coautor de Cuándo ver aves en Galicia. Colabora con diversos medios de comunicación e forma parte do equipo "Prensa Escuela", de La Voz de Galicia. Participou en numerosos proxectos de educación ambiental, interpretación do patrimonio e turismo de natureza, e está vinculado a varias organizacións de estudo e conservación do medio natural.

Compartir: