ALCALDÍA
As bandeiras do Pazo de Raxoi ondearán a medio mastro ata o próximo día 25. O atentado de onte nas inmediacións de Westminster deixou catro mortos, incluído o agresor. Unha das vítimas é unha muller de 43 anos de nacionalidade británica pero de orixe galega.
Concentración de repulsa polo atentado de Londres
23/03/2017 A Praza do Obradoiro acolleu este mediodía unha concentración de repulsa polo atentado que onte lle custou a vida a catro persoas en Londres.
O alcalde, Martiño Noriega, membros da corporación municipal e traballadores do Concello quixeron gardar un minuto de silencio en memoria das vítimas. Á concentración tamén se sumou o reitor da Universidade de Santiago, Juan Viaño.As bandeiras do Pazo de Raxoi ondearán a medio mastro ata o próximo día 25. O atentado de onte nas inmediacións de Westminster deixou catro mortos, incluído o agresor. Unha das vítimas é unha muller de 43 anos de nacionalidade británica pero de orixe galega.