MEDIO AMBIENTE
O venres 17, de 17:00 a 18:30 horas, realizarase unha visita á potabilizadora do Tambre e, o sábado 31, no mesmo horario, á depuradora de Aríns. En ambas visitas está incluído o transporte dende o propio CIAC.
No venres intermedio, o 24 de marzo, celebrarase a charla "A pegada hídrica", a cargo de Yago Lorenzo, de Cetaqua. Será tamén de 17:00 a 18:30 horas.
A participación nas xornadas é de balde, se ben o aforo é limitado, polo que é preciso inscribirse a través do teléfono 981 543 145, da dirección electrónica ciac@santiagodecompostela.gal ou deste formulario.
O CIAC organiza as xornadas "Auga en Compostela" en colaboración con Viaqua
15/03/2017 Nas tardes de venres deste mes de marzo, o Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIÇAC), en Belvís, propón un achegamento a coñecer de preto o ciclo da auga en Santiago. Será nunhas xornadas en colaboración con Viaqua que levan por titulo "Auga en Compostela".
A través das actividades programadas, os/as participantes terán a ocasión de coñecer de onde vén a auga que chega as nosas billas e como hai que tratala antes e despois de pasar polos nosos fogares, así como as implicacións que estes procesos teñen. Tamén poderán descubrir máis sobre os nosos consumos de auga cunha interesante charla.O venres 17, de 17:00 a 18:30 horas, realizarase unha visita á potabilizadora do Tambre e, o sábado 31, no mesmo horario, á depuradora de Aríns. En ambas visitas está incluído o transporte dende o propio CIAC.