TURISMO
O evento diríxese a operadores turísticos portugueses e internacionais. Turismo de Santiago terá un espazo propio na zona de exposición e asistirá á bolsa de contactos por cortesía do municipio de Ourém.
Complementando ás sesións de traballo, tamén terá lugar un seminario sobre o "Turismo e os grandes eventos relixiosos" con relatores internacionais de EEUU, Francia, Polonia e Brasil.
No seminario debaterase sobre dúas temáticas concretas interesantes para Santiago: "O turista relixioso e o impacto do evento" e "Turismo relixioso: os desafíos na organización de grandes peregrinacións mundiais".
Turismo de Santiago participa convidado no Workshop Internacional de Turismo relixioso de Fátima
08/03/2017 O municipio portugués de Ourém convidou a Turismo de Santiago a participar no V Workshop de Turismo Relixioso que organiza a Asociación Empresarial Ourém-Fátima, en colaboración co propio Município de Ourém e co apoio de Turismo de Portugal e de Turismo do Centro de Portugal.
O Workshop celébrase os días 9 e 10 de marzo. Os obxectivos do evento son promover unha bolsa de contactos de negocio entre os participantes e reforzar a importancia do turismo relixioso no conxunto do sector turístico mundial.O evento diríxese a operadores turísticos portugueses e internacionais. Turismo de Santiago terá un espazo propio na zona de exposición e asistirá á bolsa de contactos por cortesía do municipio de Ourém.