ALCALDÍA

O alcalde participa nos actos do Día de Rosalía organizados pola Fundación Rosalía de Castro

24/02/2017 O alcalde, Martiño Noriega, participou esta mañá nos actos organizados pola Fundación Rosalía de Castro para conmemorar o 180 aniversario do nacemento da escritora. As celebracións comezaron na Alameda, cunha ofrenda floral diante da estatua de Rosalía, que tamén está a celebrar o seu centenario. No acto participaron, ademais do alcalde, o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.

Tras a ofrenda, a celebración trasladouse ao Hostal dos Reis Católicos. Alí realizouse unha lectura de poemas de Rosalía, na que participou alumnado do IES Rosalía de Castro, e os alcaldes de Rianxo, Adolfo Muíños, e Santiago, Martiño Noriega, entre outros. A parte musical do acto correu a cargo de Ialma, unha formación radicada en Bruxelas pero con fondas raíces galegas, e do grupo Carapaus.

Compartir: