DEPORTES

O alcalde recibe á directiva do Club Triatlón Bricosa

22/11/2006 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu na Casa do Concello á directiva do Club Triatlón Bricosa, encontro no que tamén estivo presente o concelleiro de Deportes, Manuel Portas.

Durante a reunión, os directivos espuxeron cuestións relacionadas coa propia entidade deportiva e a súa administración e economía, ao tempo que deron conta dos últimos logros acadados no ámbito deportivo, tales como o crecemento do número das licenzas, os podios nacionais, a internacionalidade de varios deportistas, así como o ascenso á máxima categoría estatal.

Compartir: