CONVIVENCIA

O temporal non deixa incidentes graves en Santiago

06/02/2017 O temporal que nos últimos días lle afectou a Galicia non deixou incidentes de gravidade en Santiago, pero sí moitas incidencias que obrigaron a mobilizar continuamente aos integrantes do dispositivo especial de seguridade activado polo Concello dende o pasado un de febreiro. Nese operativo participaron máis de 30 persoas, entre Policía Local, Bombeiros, Protección Civil e empresas concesionarias dos diferentes servizos afectados.

O principal problema derivado do temporal foron as caídas de polas e árbores, que obrigaron a medio cento de saídas dos membros do dispositivo especial activado. Nalgúns casos, estas caídas afectáronlle ao tendido eléctrico ou ao telefónico. Por precaución, o Concello mantivo cerrado ao público os parques de Bonaval, Alameda e Zeca Afonso.

Ademais de pola caída de árbores, foi preciso efectuar varias saídas para retirar uralitas e pranchas desprendidas en varios tellados, postes eléctricos derribados polo vento, desprendementos en varias fachadas ou cables caídos. Un dos motivos de preocupación neste sentido foi o desprendemento de cristais na marquesiña de Xoán XXIII, que tamén motivou o peche ao tránsito peonil do seu contorno.

Fallos no alumeado público
O temporal dos últimos días tamén deixou moitas incidencias relacionadas co funcionamento do alumeado público. En total, rexistráronse 40 incidencias de alumeados apagados por todo o termo municipal. Esta mañá, todo o subministro estaba restablecido, salvo nunha pequena zona do alumeado público en Vidán.

Compartir: