DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

Aberto o prazo para a concesión de sete postos na Nave 5 da Praza de Abastos

03/02/2017 O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe o anuncio de concesión de postos na Nave 5 do Mercado de Abastos. Son un total de 7 locais cuxo prezo oscila entre os 12.024 e os 24.048 euros.

A concelleira de Turismo, Marta Lois, asegurou que se trata "da licitación dos sete postos que quedaron desertos no pasado concurso" e que anunciara o Goberno local que sacaría a licitación despois das festas do Nadal. Para este concurso mantense a parte esencial do prego, con modificacións de carácter técnico que buscan facilitar a presentación da documentación, cuxo prazo remata en 15 días naturais.

Marta Lois asegurou ademais que dentro do novo procedemento incorporouse unha acción formativa dirixida a persoas que estean valorando emprender ou por en funcionamento unha nova liña de negocio na Praza. "Tivo gran éxito, asegurou Marta Lois, "xa que se apuntaron un total de 15 persoas", que realizaron a formación o pasado luns 30 e martes 31. As formacións individuais terán lugar o 6 e 8 de febreiro.

Direcciones relacionadas



Compartir: