ALCALDÍA

Mellor atención sanitaria para os composteláns residentes en Arxentina

20/11/2006 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo recibiu en Raxoi ao superintendente de Saúde de Arxentina, Héctor Capaccioli, co que falou da atención sanitaria dos residentes composteláns neste país.

En particular, boa parte da conversa xirou en torno á posta en marcha dunha obra social asociada ao Hospital do Centro Galego de Bos Aires. Esta iniciativa permitirá unha importante mellora da asistencia sanitaria dos galegos e galegas residentes en Arxentina, porque no Hospital Galego quedará concentrada a atención das persoas que se incorporen a esta Obra Social. Ademais, o seu gasto sanitario financiarase coas propias achegas á seguridade social e non só co cotas particulares.

Compartir: