ALCALDÍA

O alcalde inaugura a nova sede do Consulado Xeral de Cuba en Galicia

20/11/2006 Xosé A. Sánchez Bugallo e Alberto Velazco, embaixador de Cuba en España, inauguraron o novo edificio do Consulado do país caribeño en Galicia co descubrimento dunha placa. No acto tamén estivo presente a cónsul xeral de Cuba en Galicia, Asturias e Cantabria, María Sánchez, que aproveitou a ocasión para salientar a boa relación que desde o consulado se mantén co Concello de Santiago.

A nova sede está situada no número 19 da rúa Santa Isabel, fronte a Monte Pío. Segundo lembrou María Sánchez, o consulado cubano en Galicia asentouse primeiramente en Vigo, no ano 1902. En 1994 a sede central trasladouse á capital de Galicia.

Compartir: