DEPORTES

O Club Baloncesto Rosalía de Castro recibirá 150.000 euros para as súas actividades deportivas

20/11/2006 Co fin de colaborar co desenvolvemento do deporte na cidade, a Xunta de Goberno local aprobou a sinatura do Convenio entre o Concello e o Club Baloncesto Rosalía de Castro. En virtude do mesmo, a entidade recibirá 150.000 euros.

A axuda destínase á realización das actividades deportivas propias da participación na competición de baloncesto LEB-2 na presente tempada 2006-2007. O Rosalía de Castro desenvolve unha importante labor de formación de base no baloncesto compostelán, ademais de sustentar un equipo profesional que leva xa varios anos militando en LEB-1 primeiro e, agora, en LEB-2.

Compartir: