MEDIO AMBIENTE

Iníciase un procedemento sancionador contra a papeleira de Brandía polos vertidos de augas residuais

20/11/2006 A proposta da concelleira de Medio Ambiente, Marta Álvarez-Santullano, o Concello vai iniciar un procedemento sancionador contra a papeleira de Brandía, por presunta infracción en materia de augas residuais en cauce público.

Esta decisión tomouse á vista do informe presentado por Aquagest a raíz do vertido producido o 13 de novembro, por considerar que se infrinxiu gravemente o regulamento de saneamento municipal. Desta medida tamén se dará traslado a Augas de Galicia, por terse producido os vertidos nun cauce público.

Compartir: