INFRAESTRUTURAS

Máis de 660.000 euros para obras e servizos en 2007

20/11/2006 A Xunta de Goberno local aprobou o Plan de Obras e Servizos 2007 da Deputación Provincial da Coruña. Este programa suporá o investimento de 661.644 euros en diversas obras en estradas e na rede de abastecemento a executar no vindeiro exercicio.

De entre as obras incluídas neste Plan destaca o reforzo do firme da vía pública R-23-IV en Lamascal, no que se investirán 269.750 euros. Tamén se mellorará a M-8-IV, en Grixoa, para a que se achegarán 215.739 euros. As outras dúas obras contempladas no programa son o reforzo do pavimento en Bargo (117.497 euros) e a substitución da rede de abastecemento na rúa de Vidán 858.655 euros).

O Goberno local tamén deu o visto boa o plan complementario do ano 2007, cun orzamento de 59.726 euros. Esta cantidade investirase na substitución da rede de abastecemento na rúa dos Caraveis.

En materia de infraestruturas, tamén se aprobou o inicio do expediente de contratación de obras nas pistas de Bando (59.771 euros) e de saneamento e bombeo de augas fecais en Real de Atrás (San Marcos-Bando), nas que se investirán 60.068 euros. Tamén se adxudicaron as obras de saneamento e bombeo de augas fecais en Fonte dos Cachos e no Centro Aspas (San Marcos-Bando), por un importe de 29.995 euros.

Compartir: