CONSORCIO
A actuación arrancará coa popular Danzas de Galanta, do compositor húngaro Zoltán Kodály. Viviu a súa infancia no pobo de Galanta, unha localidade húngara musicalmente famosa por dispor dunha orquestra cíngara estable.
A continuación, o público terá a oportunidade de gozar coa Danza dos espíritos da obra Orfeo e Eurídice, do alemán Christoph Gluck. É unha ópera en tres actos baseada no mito do pastor Orfeo, que tocaba a lira de maneira sublime, de modo que non lle custou nada encantar coa súa música á súa amada Eurídice, quen morrerá pronto a causa da mordedura dunha serpe.
Os músicos tocarán logo a Suite checa de Antonín Dvorák, un conxunto de cinco danzas de inspiración checa composta en 1879. Despois soará o Vals triste de Jean Sibelius, unha das súas pezas máis características, coa que o compositor finlandés quixo transmitir a nostalxia do seu país natal.
O concerto da noite de Reis concluirá con Estancia: 4 danzas, a obra máis coñecida e interpretada do compositor arxentino Alberto Ginastera. Relata a historia dun mozo da cidade que chega á pampa e ten que dominar todas as habilidades atléticas dos gauchos para gañar o amor dunha bela rancheira.
A RFG celebra este xoves o seu concerto da noite de Reis, baixo a batuta do portugués Pedro Neves
02/01/2017 A Real Filharmonía de Galicia celebra, como cada ano por estas datas, o seu tradicional concerto da noite Reis. A cita será este xoves, 5 de xaneiro, ás 21:30 horas, no Auditorio de Galicia. O ensaio xeral, que terá lugar o propio xoves, ás 11:00 horas, estará aberto ao público, que poderá asistir de forma gratuíta.
A batuta levaraa o mestre portugués Pedro Neves. É director titular da Orquestra Clássica de Espinho e director invitado da Orquestra Gulbenkian. Foi director titular da Orquestra do Algarve e é invitado con regularidade para dirixir agrupacións no seu país e tamén en Europa e América. Na actualidade está preparando o seu doutorado na Universidade de Évora, centrándose na investigación das seis sinfonías do compositor portugués Joly Braga Santos.A actuación arrancará coa popular Danzas de Galanta, do compositor húngaro Zoltán Kodály. Viviu a súa infancia no pobo de Galanta, unha localidade húngara musicalmente famosa por dispor dunha orquestra cíngara estable.