DEPORTE

A Fundación Compostela realizará unha exposición sobre o deporte en Santiago de Compostela entre 1900 e 1950

15/11/2006 Co gallo da Gala do Deporte Compostelán 2006, que se vai desenvolver o día 15 de Decembro, desde a Fundación Compostela Deporte quérese lembrar aqueles primeiros anos de actividade deportiva na nosa cidade. Por iso púxose en contacto coas persoas que participaron naquela época nos clubs históricos de Santiago ( Club Ciclista, Santiago, Arenal, Victoria de Fútbol...) e deportistas que de forma individual practicaban outras modalidades deportivas.

A boa acollida da iniciativa impulsou á Fundación a facer un chamamento a todas aquelas persoas que directamente ou indirectamente poidan aportar material para expoñer o propio día da Gala e colaborar neste proxecto para a lembranza do deporte compostelán de 1900 a 1950. Este material pode ser de todo tipo (deportivo, fotografías, xornais, etc.).

Para levar adiante a exposición precísase a colaboración de aquelas persoas que teñan material, e que se poñan en contacto coa Fundación Compostela Deporte, ben no Estadio de San Lázaro Porta 16, ben chamando ao 981 555 177.

Compartir: