IGUALDADE

O Santiago Futsal implícase na campaña "En negro contra a violencia"

21/11/2016 A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, e o presidente do Santiago Futsal, Ramón García, deron esta mañá os detalles das accións que o Santiago Futsal levará a cabo no próximo partido "Contra a violencia" no Multiúsos Fontes de Sar, dentro da campaña Compostela en negro.

A concelleira de Igualdade quixo "agradecer a implicación da sociedade civil nesta campaña que celebramos por segundo ano consecutivo e, en particular, do Santiago Futsal, que se implicou con moito interese dende o primeiro momento". Marta Lois asegurou que "a violencia contra as mulleres é a peor forma de desigualdade e unha lacra contra a que temos que loitar toda a sociedade" mentres lembraba que "no que vai de ano foron asasinadas 39 mulleres no Estado e dúas no conxunto do país".

O presidente do Santiago Futsal, Ramón García, explicou que o equipo de fútbol vestirá de negro no partido contra Palma Futsal que se celebra no Multiúsos Fontes de Sar ás 20:45 horas. Tamén se lerá un manifesto en contra da violencia de xénero durante o descanso do partido e as mulleres poderán acceder de forma gratuíta.

O presidente do Santiago Futsal tamén amosou o seu rexeitamento ante calquera tipo de violencia contra as mulleres e lembrou que o equipo feminino do Santiago Futsal, o Santiago Futsal A Gaiola tamén participa na campaña como fixo o ano pasado.

Direcciones relacionadas



Compartir: