ACCIÓN CULTURAL

Pascale Bretón, Manuel Iborra e Paula Ortiz, en Cineuropa

18/11/2016 Día de presentacións en Cineuropa, coa presenza dos cineastas Pascale Bretón e Manuel Iborra. Ademais, Paula Ortiz deu unha clase maxistral.

O Cinema Numax acolleu unha clase maxistral de Paula Ortiz. A directora de La novia impartiu cinco horas de contidos teóricos e prácticos sobre a presentación de proxectos audiovisuais.

Pouco despois, no Salón Teatro,presentouse Suite Armoricaine, de Pascale Breton, Premio Fipresci no Festival de Locarno. Trátase dun filme coral, construído como unha suite en distintos movementos a modo de contrapunto onde temas como o amor, a arte e o tempo discorren honesta e elegantemente. A directora e o actor protagonista, Kaou Langöet, falaron co público sobre o filme.

De seguido, no mesmo Salón Teatro, estreouse La fiesta de los locos, de Manuel Iborra, un documental sobre o entroido gaditano dende a perspectiva de diversos participantes. A proxección contou coa presenza do propio Iborra para conversar sobre a película.

Compartir: