ALCALDÍA

O alcalde recibiu á Asociación de Veciños "A Xuntanza"

14/11/2006 Os representantes das máis activas asociacións veciñais da cidade, "A Xuntanza", pasaron por Raxoi, onde foron recibidos polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo. Os temas que afectan ao barrio de San Pedro foron o centro da reunión.

Esta asociación veciñal, fundada en 1978, destaca pola defensa dos intereses do seu barrio, pero tamén pola súa colaboración e traballo permanente en eventos culturais, formativos ou de lecer. Na reunión tamén estiveron os concelleiros de Seguridade Cidadá e de Infraestruturas, Xosé Baqueiro e Bernardino Rama.

Compartir: