EDUCACIÓN

Os alumnos do CEIP López Ferreiro disfrutan das reformas do centro

13/11/2006 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, realizaron unha visita ao Colexio López Ferreiro, despois da reforma integral do centro. En total actuouse sobre 4.142 metros cadrados de superficie, cun custo de 1.588.474, 45.

Entre as actuacións que se levaron a cabo salienta a limpeza, pintado e reparación da fachada, o acondicionamento de zonas deterioradas dos piares ou o levantamento dos pavimentos e colocación doutros, especialmente dun deportivo no ximnasio de infantil e primaria.

Tamén se acometeron accións de mellora no patio cuberto e sala de xogos, substituíuse toda a carpintería exterior por outra de aluminio e colocáronse portas novas en todas as aulas.

Compartir: