ALCALDÍA

Toma de posesión dos novos bombeiros

13/11/2006 O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu a toma de posesión dun novo grupo de bombeiros. Despois do seu período de prácticas, incorpóranse ao seu posto no Servizo Municipal de Bombeiros.

Sánchez Bugallo felicitou aos novos traballadores, que xa tiveron este verán unha inesperada e esixente aprendizaxe coa vaga de incendios que asolou os montes de Compostela. Acompañaron ao alcalde nesta toma de posesión o concelleiro de Seguridade Cidadá, Xosé Baqueiro, e o xefe de Bombeiros, Cesáreo Rey.

Compartir: