DEPORTES

Máis de 40.000 euros en subvencións para actividades deportivas

13/11/2006 Un total de 22 clubs e asociacións deportivas da cidade repartiranse 40.027 euros para o desenvolvemento de actividades deportivas puntuais. Trátase da segunda quenda destas axudas, que permitirán a organización de diversos eventos deportivos na cidade.

Entre subvencións concedidas, destacan algunhas, como a concedida ao Club Triatlón Bricosa Santiago para a organizar o Campionato de España de Duatlón por Autonomías, por un total de 5.346 euros. Tamén salientables son as destinadas á posta en marcha dos X Xogos Autonómicos de Atletismo (a cargo da Asociación Special Olympics Galicia, do X Torneo Internacional de Loitas Olímpicas (Federación Galega de Loita) ou do IV Duatlón Cidade de Santiago (Club Triatlón Bricosa Santiago).

Tamén en materia de deportes, a Xunta de Goberno aprobou conder 1.000 euros ás asociacións de veciños "Campo do Monte", de Santa Cristina de Nemenzo, e "Coto de Nai" de Aríns, xestoras dos campos de fútbol de Nemenzo e Aríns, respectivamente, co fin de manter o seu uso e poder aboar o total do xa empregado. Tamén se ratificou un gasto de 12.000 euros para a celebración do II Congreso ibérico de xestores deportivos. Finalmente, procedeuse á aceptación dunha subvención para a construción dunha pista de chave, por un importe de 20.000 euros.

Compartir: