CIDADE
O 7 de maio de 1966 foi designado Cronista oficial da cidade de Santiago, cargo de carácter honorífico no que sucedera a Raimundo García Domínguez.
No ano 1998 o Concello acordou concederlle a Medalla de Ouro ao mérito cultural "en recoñecemento polas súas contribucións á historia da cidade na súa condición de Cronista Oficial, e polo seu labor docente na Universidade compostelá", segundo acordo Plenario do 3 de xullo de 1998.
Recibiu a Medalla nun acto celebrado no Hostal dos Reis Católicos o 5 de novembro dese mesmo ano no que tamén foron galardoados o editor Feliciano Barrera (nomeado Fillo Adoptivo); quen fora rector da Universidade de Santiago, Alejandro Rodríguez Cadarso (Medalla de Ouro ao Mérito Cultural a título póstumo) e o profesor José Luís Puente Domínguez (Medalla de Ouro ó Mérito Cidadán).
Falece Ángel Rodríguez González, cronista da cidade
19/04/2005 Ángel Rodríguez Gonzalez, cronista oficial da cidade de Santiago de Compostela desde o ano 1966 e Medalla de Ouro ao mérito cultural, faleceu aos 85 anos de idade en La Línea de la Concepción (Cádiz).