ALCALDÍA
Martiño Noriega recibiu a profesorado e alumnado do Máster en Deseño Arquitectónico da Universidade da Coruña
29/09/2016 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega recibiu en Raxoi a profesorado e alumnado do Máster en Deseño Arquitectónico da Universidade da Coruña, especialidade en arquitectura de aloxamentos turísticos.
Na compaña do rexedor municipal, a delegación percorreu as diversas estanzas do Pazo de Raxoi. Antes, recibira a benvida a Santiago por parte de Martiño Noriega e outros membros da Corporación.